Poida
que non me créades
Mais
xúrovos qu’abofellas
Mireino
con estes ollos
Que
ten que roer a terra.
E
que non estaba bébedo
Nin
c’unha pinga siquera;
O
caso foivos no ponte
Que
diu nome a Pontevedra.
¿Vos
seica nunca a esa vila
Fóstedes
vender a feira?
Pois
o qu’e a ponte é boa:
Da
xenio o longa qu’é ela.
No
medio d’unha baranda,
Non
me lembro si d’a esquerda,
Ten
un cruceiro muy longo
E
ó pé un asento de pédra;
N’outra
baranda hai un peto
C’unhas
animiñas vellas
Que
hay que gardar por de noite
Por
or de qu’alguen poidéra
Rabuñar
ó purgatorio.
Qu’é
lástema que se perda.
¡Non
vos sabe un ond’a ten!
¡Canté
si un home a soupera!
¡Non,
oh!, que ás veces o démo
Sal
onde menos se pensa.
Catade
qu’era de noite
E
que había algunha brétema
E
que como dix’o outro,
Non
iba a bulsa valeira.
Preto
do medio d’a ponte
Estaban
de centinela
Dous
homes, cad’un c’un sacho
E
así que cheguei a beira
–Alto,
dix’un, ¡non se pasa!
–¿E
logo?
–Teña
pacencia.
(Eu
por si acaso, paréime.
E
non fuxin porqu’as pernas
Entumironse
c’o medo).
–¿Qué
demo é? Non se metan
Con
quen sigue o seu camiño.
–Eiquí
non se arma quimeria
Nin
se llefai mal a nadie.
–Logo,
bén. Pois entón teñan
Si
queren divertición
Máis
crianza é máis aquéla.
¡Vaite
con todos los diaños
Qu’inda
arrenegados sean!
Déixame
pasar.
–Non
podo.
–¿Qué
non podes? ¡Leria! ¡Leria!
A
isto o reló da vila
Guindóu
zoando na brétema
Das
doce en punto da noite
A
badalada primeira.
O
oila os dous do sacho
Mainos
descrubrind’a testa
E con moita cortesía Sáltame a decir: «Quixera |
Si
é que nos fai esa gracia,
Que
vostede a moza aquela
Fíxese
unh’a alma cristiana»
–¿A
qué moza di’om? ¿Ti rabeas?
¿Ou
fas o aduecido?
–Home,
non penso aboféllas.
–Pró,
¿qué queredes que faga?
–Bautizar
o neno ou nena
Que
Dios e María Santísima
E
San Benito lle dean;
Pois
dous que toubo morreron
E
para que non teña pérda
Dest’outro,
hai que bautizalo
Un
pouc’antes d’a nacéncia,
Un
sábado com’e hoxe,
Por
quén pase, vaya ou veña,
O
ponte, das doce en punto,
A
badalada primeira.
………………………..
Non
houbo xa máis remedio
E
fomos as escaleiras
Do
ponte e préto do río
Collín
auga c’a tal meiga
Fixenll’unha
cruz no peito
A
modiño e con concencia
Dicindo
o que di a doctrina
E
como Dios nos enseña;
Logo
fixenll’outra cruz
Máis
abaixo, e non quixera
O
lembrarme d’outro sitio
Onde
fixen a terceira;
Que
como era boa moza…
¡Mais
d’unha ves se me lembra!
¡Ai
de Dios!, no instantiño
En
qu’arrematei a festa.
«¡Vaiche
salir torto e coxo
E
c’os cadriles n’a testa!
¡Ogallá
che saia macho!
¡Ogallá
che saia femia!
¡Ogallá
naza con cornos!
¡Ogallá
naza sen pernas!
¡Quiera
Dios saia con xiba!
¡Ogallá
que Dios cho dea
Cuberto
de carafunxos
Así
berra, que te berra
Houbeando
como cans
Comenzóu
a caninéa
D’uns
lapadoiros d’a vila
Que
viron tod’a comedia
Caladiños
n’un curruncho;
Mais
nos tiramos aprésa
Para
non darlles moito creto
O
que dentro d’unha cesta
Levaba
miña comadre
Entre
pan e viño e freba
E
entre cacheira de porco…
E
entre de porco cacheira…
¡Vaiche
boa, lapadoiros!
¡Vind’e
a cheirar nosa cea!
|
Andrés Muruais
No hay comentarios:
Publicar un comentario